Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

15/07/2026 | 18:50 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 600 persoas participan nas actividades que ofrece o centro sociocomunitario da Xunta en Vilalba

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o papel de dinamización social e cultural das instalacións, que inclúen programación propia e en colaboración co tecido asociativo e entidades da zona

15/07/2026 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa unha iniciativa que conecta á xuventude e as persoas maiores para compartir experiencias en tecnoloxía, cultura e tradicións

O programa Argallando entre xeracións promoverá a experimentación con tecnoloxías maker entre persoas de 12 a 18 anos, para a creación de obxectos que combinan robótica, impresión 3D, programación e intelixencia artificial

15/07/2026 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o compromiso da Xunta co SAF a través da sinatura do protocolo fronte á violencia laboral e coa inxección histórica de financiamento

Destaca que o primeiro plan galego contra a violencia laboral neste servizo de xestión municipal, que foi asinado onte polo Goberno galego, prioriza a seguridade e a resposta coordinada

14/07/2026 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia chega aos 40.000 beneficiarios do Bono Coidado no Fogar, o que sitúa a Galicia como un referente na atención á dependencia

Visitou no seu domicilio a un dos beneficiarios desta axuda universal, que permite ás persoas dependentes recibir coidados no seu fogar

13/07/2026 | 18:28 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A Xunta destaca o novo centro social de Carballeda de Avia como exemplo da aposta do Goberno galego pola revitalización do rural

O Executivo autonómico achegou máis de 285.000 euros ao equipamento de Muimenta, no marco do Plan de Investimentos

10/07/2026 | 19:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a primeira Feira do Benestar da Lama como punto de encontro entre institucións, familias e profesionais

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, explicou que este evento é fundamental para dar a coñecer os recursos e servizos de atención de Galicia

09/07/2026 | 16:17 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que Ponteceso acollerá un novo centro residencial que contará con 140 prazas

A residencia, de case 6.000 metros cadrados, construirase nunha parcela no centro urbano e incluirá módulos de convivencia e varios apartamentos tutelados

08/07/2026 | 17:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola Garcia resalta que Galicia é unha das mellores comunidades na xestión da dependencia pese aos incumprimentos do Goberno central

Pon en valor a redución da lista de espera e dos tempos de tramitación en máis de dous meses e medio

08/07/2026 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca os 24 centros de maiores municipais postos en marcha con apoio da Xunta e avanza 1.800 novas prazas en residencias

Lembra que a Xunta destinou 18,5 M€ de fondos europeos a apoiar aos concellos do rural na construción e ampliación de residencias e centros de día