Plan de Investimentos Conxuntos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (2021-2027)

O Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) é o instrumento estratéxico de programación máis importante da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal no que se planifica coordinadamente os seus investimentos para o período 2021/2027, co fin de identificar oportunidades susceptibles de ser financiadas con Fondos Europeos neste espazo xeográfico.

O PIC establece os principios que definirán a política de cooperación da eurorrexión no próximos sete anos. Está estruturado en 4 eixos:

  • Eixo 1. Unha Eurorrexión máis competitiva e conectada que aposta pola innovación, na dixitalización e na internacionalización como ferramentas para a creación de emprego de mellor calidade.
  • Eixo 2. Unha Eurorrexión máis ecolóxica e descarbonizada para afrontar o cambio ambiental global e a transición enerxética xusta.
  • Eixo 3. Unha Eurorrexión máis social, integradora, resiliente e segura para encarar o desafío demográfico e ás ameazas á saúde pública.
  • Eixo 4. Unha Eurorrexión máis cohesionada en beneficio da cidadanía.

Na actualidade, está a realizarse a revisión intermedia do PIC 21-27, con data fin dos traballos no último trimestre de 2025.

A metade de camiño do PIC 21-27, e coas liñas programáticas da segunda Comisión Von der Leyen á vista, avaliarase o traballo transfronteirizo desenvolvido, reflexionarase sobre as prioridades da Eurorrexión para o que resta do actual período de programación da UE e empezarase a sentar as bases dos retos e oportunidades do próximo, que nos levará máis aló de 2030.

Farase unha análise dás dez prioridades que establece o PIC, clasificándoas segundo o seu grao de desenvolvemento, xunto coa análise da súa capilaridade e a evolución dinámica do PIC.

Data de aprobación do plan: 28/07/2021