Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27

A Xunta aproba a Estratexia Impulso Emprego Autónomo 2023-2027 co obxectivo de potenciar a competitividade do colectivo de persoas autónomas en Galicia.

A Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 focaliza as propostas para aumentar as competencias emprendedoras, impulsar a creación de empresas e iniciativas de traballo por conta propia sustentables, para fomentar un mercado de traballo inclusivo.

Esta estratexia xorde como resultado dun proceso participativo coa intervención das entidades máis representativas do colectivo, presentes na Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, no seo da cal se analizaron os seus contidos, se realizaron achegas e se consolidaron os eixos e as actuacións previstas, dando lugar a un documento cohesionado e consensuado.

Estrutúrase en 3 eixes de actuación:

  1. Eixe 1: potenciar a calidade dos novos proxectos de autoemprego
  2. Eixe 2. fortalecer o ecosistema competitivo do emprego autónomo 
  3. Eixe 3. avanzar no marco de cogobernanza para dinamizar o emprego autónomo

 

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 09/11/2023