Plan FPGal360
Plan de Orientación profesional integral para guiar á cidadanía na súa toma de decisións educativas e profesionais desde idades temperás e ao longo de toda a vida, co obxectivo de reducir o abandono escolar temperá, e incrementar a cualificación da poboación xove.
O Plan FPGal360, de orientación profesional integral, articúlase a través de tres eixes principais:
• Maximizar o éxito do alumnado do sistema educativo, perseguindo a “tendencia cero” no abandono escolar temperá.
• Potenciar un sistema integral de orientación profesional e vocacional.
• Facilitar a titulación da poboación xove sen cualificación.
As liñas de actuación globais do Plan son as seguintes:
• Información e formación dirixidas ao persoal orientador dos centros educativos, así como a aqueles colectivos implicados na orientación profesional e laboral; e de información, formación e sensibilización dirixidas a equipos directivos e docentes.
• Información e orientación profesional dirixidas ao alumnado galego dende idades temperás.
• Actuacións específicas destinadas a alumnado vulnerable, con especiais necesidades de aprendizaxe ou en risco de abandono, e antigo alumnado que abandonara o sistema educativo sen acadar unha titulación.
• Actuacións sobre poboación que non conta con formación acreditada, incidindo especialmente na mocidade que se atope nesta situación.
• Asesoramento personalizado e orientación profesional para colectivos de persoas desempregadas que impulsen a súa participación no procedemento de acreditación de competencias adquiridas por experiencia laboral.
• Colaboración con asociacións, institucións e colectivos dependentes de entidades públicas implicadas na orientación profesional e laboral
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 17/06/2025