Plan galego de financiamento universitario 2022-2026
O Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026 responde aos principios de estabilidade financeira, suficiencia, eficiencia e equidade institucional e territorial. Nel inclúense os recursos precisos para converxer coas medias estatais e europeas de servizo público en ensino superior universitario.
Plan contempla acadar nos cinco anos de vixencia, os seguintes obxectivos:
- Establecemento dun horizonte amplo de suficiencia e estabilidade financeira que permita á Xunta de Galicia e ás institucións públicas de ensino universitario na comunidade autónoma, o desenvolvemento ordenado das súas políticas no período 2022-2026.
- Definición de criterios de asignación de recursos explícitos, baseados no custe estándar da docencia e na obtención de resultados nos ámbitos fundamentais da actividade universitaria: docencia, investigación e transferencia.
- Estimulación da adecuación da oferta ás demandas sociais, reorientando a oferta docente, potenciando a formación continua e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 16/12/2021
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Plan Conecta FP Galicia