Plan EDUC-ART

O Plan EDUC-ART establece a planificación e liñas de actuación para a actualización e mellora das ensinanzas artísticas en Galicia durante o período 2025/2030

Co obxectivo de actualizar e mellorar as ensinanzas artísticas en Galicia no período 2025/2030, apróbase o Plan EDUC-ART, que se artella en torno a catro obxectivos estratéxicos

  • Mellorar a calidade das ensinanzas artísticas
  • Poñer en valor e potenciar as ensinanzas artísticas
  • Achegar as ensinanzas artísticas á realidade actual
  • Potenciar a relación das ensinanzas artísticas co sector produtivo

Para alcanzar estes obxectivos establécense de 8 liñas de actuación:

  • L1.- Actualización normativa e implementación dos cambios derivados da lei 1/2024, do 7 de xuño
  • L2.- Mellora e dixitalización das ensinanzas artísticas
  • L3.- Actualización e mellora na oferta educativa
  • L4.- Innovación
  • L5.- Internacionalización
  • L6.- Promoción e difusión
  • L7.- Recoñecemento da excelencia
  • L8.- Colabor-art: potenciación dos vínculos das ensinanzas artísticas co mundo laboral e empresarial

Cada liña de actuación abrangue distintas medidas específicas, cun total de 37.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 22/09/2025

Ligazóns relacionadas