Estratexia Galega de Inclusión Educativa. EduInclusión 2030

A Estratexia Galega de Inclusión Educativa, EduInclusión 2030, é o documento de referencia en inclusión educativa e establece as liñas estratéxicas de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta estratexia desenvólvese como reflexo do compromiso da Administración cunha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que garanta o acceso, a participación e o éxito de todo o alumnado. Esta vontade non é nova, senón que forma parte dun traballo continuo e sostido ao longo dos últimos anos.

Esta estratexia está estruturada en seis eixes:

  • Sensibilización sobre a importancia da cultura inclusiva
  • Fomento da permanencia do alumnado no sistema educativo
  • Axuste da normativa conforme á evolución das necesidades da comunidade educativa no ámbito da inclusión
  • Optimización da xestión educativa a través da intelixencia artificial
  • Desenvolvemento das competencias profesionais docentes
  • Desenvolvemento e seguimento da Estratexia de inclusión educativa

Con base nestes eixes establécense as actuacións para desenvolver sobre:

  • O alumnado
  • O profesorado
  • As familias

Avaliación e seguimento

Na documento da estratexia recóllense os indicadores e o cronograma.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 05/05/2025

Ligazóns relacionadas