Plans e programas anuais/plurianuais
Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia (e-Mobility)
O Plan de modernización tecnolóxica da mobilidade en Galicia ten como obxectivo fundamental impulsar a dixitalización do sistema público de transporte, a través dun modelo integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos para os usuarios.
Estratexia Retorna 2020
A Estratexia Retorna 2020 recolle as principais liñas de traballo en materia de retorno, co obxectivo de facer de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior.
Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade 2018-2021
O Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade ten por finalidade a posta en marcha, a consolidación e a visibilización de actuacións de distinta índole que inciden na conciliación, desde a base da corresponsabilidade familiar, poñendo o foco nun reparto equitativo das responsabilidades doméstico-familiares entre mulleres e homes.
Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia – Plan DICO Mindset
O Plan DICO Mindset ten como obxectivo potenciar o sector dos contidos dixitais en Galicia, acelerando o desenvolvemento de proxectos innovadores nesta temática na nosa comunidade autónoma.
Estratexia Galega de Acción Exterior
A Estratexia Galega de Acción Exterior establece as liñas básicas que deben rexer a acción exterior da comunidade autónoma.
Plan de actividades 2018 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Son as principais liñas de actividade e programas técnicos do Issga nas distintas disciplinas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, psicosocioloxía e ergonomía, e medicina do traballo. Así como a colaboración e coordinación coas outras unidades directivas con competencias na materia de PRL. Dá resposta ás funcións que corresponden ao Issga como órgano técnico-científico de SST, e á execución do segundo ano da Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2017-2020.
Estratexia Galega para a Educación Dixital 2020 - Edudixital
Edudixital nace para dar resposta aos retos actuais e futuros que presenta a actual sociedade dixital, a través dun novo impulso á educación dixital.
Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017
Apróbase o Plan de inspección en materia de seguridade industrial e metroloxía en Galicia para o ano 2017, que recolle as inspeccións a realizar, divididas en sete programas.
Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago 2016-2019
O Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago, impulsado pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, ten como obxecto impulsar un conxunto de iniciativas para a mellora do turismo accesible en Galicia nos próximos anos, partindo dun traballo de análise en profundidade da situación actual.
Estratexia 2020 do Turismo de Galicia
A Estratexia nace da necesidade de mellora da competitividade do noso turismo, o cal pretende posicionarse coma sector clave da economía galega, sendo precisa a colaboración dos eidos público e privado para o seu impulso, coordinación, xestión, promoción, ordenación, innovación e internacionalización.