Plans e programas anuais/plurianuais
Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal
O Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ten por obxecto principal o establecemento dun marco regulador de ordenación xeral para as infraestruturas públicas terrestres de telecomunicacións en Galicia e, deste xeito, espacializar unha política pública ao respecto das infraestruturas da Xunta de Galicia xestionadas por Retegal.
Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
A integración tarifaria e a mellora da oferta de servizos e das infraestruturas son os piares fundamentais do plan que ten por obxecto mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas de Galicia.
Plan Estratéxico da Cidade da Cultura 2012-2018
O Plan Estratéxico do Gaiás define catro obxectivos estratéxicos que están relacionados coa idea de que o complexo arquitectónico debe ser o lugar de encontro dos axentes públicos e privados que asuman o reto de acadar para a comunidade un novo modelo de desenvolvemento baseado na cultura, a creatividade, a innovación e a conectividade exterior.
Estratexia Galega de Acuicultura. Plan Director de Acuicultura Litoral
Con este documento, que rexerá a planificación e a xestión da actividade acuícola ata o horizonte 2030, Galicia converteuse na primeira comunidade de España e na primeira rexión europea que elaborou un plan estratéxico do sector. O documento inclúe medidas que van desde a preservación da biodiversidade á integración paisaxística das instalacións e unha redución e mellora dos consumos enerxéticos.
Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada 2012-2014
Como resultado dunha iniciativa lexislativa popular, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, explicitando a obriga de redactar este Plan Integral de Apoio á Muller Embarazada. O plan responde, así, ao obxectivo de artellar un abano de recursos, medidas e axudas públicas que aseguren protección e un clima favorable ás mulleres xestantes en Galicia.
Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable
Galicia Saudable é un plan a través do cal se pretende crear as condicións para que todas as persoas da nosa comunidade poidan adoptar un estilo de vida activo que favoreza a súa saúde. Está impulsado pola Presidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, co respaldo científico e técnico de persoas expertas en actividade física.
Plan de enogastronomía de Galicia
Este plan ten como obxecto fundamental definir as estratexias e accións que impulsen o produto gastronómico e o enoturismo en Galicia, impulsando a competitividade deste sector e desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados na identidade do territorio e vinculados á súa tradición culinaria.
Plan galego de estatística 2012-2016
Mediante a Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan galego de estatística 2012-2016 regulouse e aprobouse o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade autónoma de Galicia.
III Plan galego de acción voluntaria (2011-2014)
A planificación estratéxica da Comunidade autónoma canalízase a través do Plan galego de acción voluntaria, que se configura como un instrumento administrativo que determina os criterios de planificación e coordinación das actuacións proxectadas en materia de acción voluntaria.
Plan integral de emigración 2011-2013
O documento estratéxico do Goberno galego sobre a emigración para o período 2011-2013 é unha proposta que busca centrar as bases de actuación da Xunta coas entidades galegas, os emigrantes e os seus descendentes, con vistas a fortalecer e estruturar de forma operativa á galeguidade no século XXI.