A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa alcaldesa de Salvaterra de Miño

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.

Na reunión trataron as axudas que a Secretaría Xeral da Igualdade ten en marcha para que as entidades locais realicen actividades de difusión, sensibilización, información, conciliación, corresponsabilidade ou de prevención e tratamento da violencia de xénero.

Imaxes relacionadas