Medio Ambiente inicia a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur cunha bonificación global que ascende aos 28 millóns de euros

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que, tal e como se informou no Consello da Xunta do pasado xoves, hoxe convócase o concurso anual de venta de solo en 17 parques empresariais de Xestur

Salienta que o parque empresarial de Bértoa está incluído na oferta, polo que os interesados poden adquirir case 80.000 m2 en 21 parcelas dispoñibles, que suman unha rebaixa no prezo de 2,7 millóns de euros

Vázquez Mejuto recorda que o 2019 foi o ano no que máis solo se vendeu desde que a Xunta activou os incentivos; polo que con case 630.000 m2 vendidos, incrementou nun 65% a cifra de solo vendido no exercicio anterior (380.728,22 en 2018)

Carballo (A Coruña), 10 de febreiro de 2020.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia hoxe a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur, que se poden adquirir cun desconto no prezo de saída de 28 millóns de euros. Así o recordou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que esta mañá visitou o Parque empresarial de Bértoa; onde explicou que -tal e como avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado xoves na rolda de prensa tras o Consello da Xunta- esta superficie está repartida en 17 parques empresariais en distintos concellos galegos.

A conselleira recordou que, ademais do prezo bonificado destas parcelas sobre as que se desconta un 30 ou 50%, os interesados tamén teñen a opción de adquirir dito solo en dereito de superficie, ás que se establece un canon anual dun 1,5 do prezo da parcela sen bonificar os dous primeiros anos; un 2,5% as dúas seguintes anualidades; e un 3,5% no quinto ano e seguintes.

Vázquez Mejuto explicou que esta liña de incentivos foi posta en marcha polo actual Goberno dende 2015, e dende esa data a Xunta adxudicou máis de 2 millóns de metros cadrados de solo empresarial a prezo bonificado en réxime de compra venta, o que permitiu un aforro de máis de 65 millóns de euros aos adquirentes desta superficie empresarial. De feito, o 2019 foi o ano no que máis solo se vendeu (629.72283 m2), superando os 600.000 adxudicados en 2017 -a maior cifra desde a posta en marcha dos incentivos por venta de solo- e incrementando nun 65% a cifra de solo vendido no exercicio anterior (380.728,22 en 2018).

Asemade, Ángeles Vázquez lembrou que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten dispoñible para a venta case 340.000 m2; polo que a cifra total de solo empresarial dispoñible supera o 1,2 millóns de metros cadrados.

Parque empresarial de Bértoa

A conselleira de Medio Ambiente destacou que o polígono empresarial de Bértoa é un dos parques incluídos no concurso de venta anual de Xestur, no que se dispoñen un total de 78.841 metros cadrados para venda. A bonificación para estas parcelas é dun 50%, polo que o prezo das 21 parcelas supoñen máis de 2,7 millóns de euros; aínda que tamén é posible a súa adxudicación en dereito de superficie.

Ángeles Vázquez puxo como exemplo as ventas rexistradas neste parque, pois nos últimos cinco anos adxudicáronse 330.548 metros cadrados con bonificacións, as cales supuxeron 10,7 millóns de euros; ao tempo que se erixe como exemplo para as empresas que deben apostar por asentarse en Galicia, pois se traduce en riqueza para Galicia, pois o parque de Bértoa é o que rexistrou un maior volume de vendas bonificadas de toda Galicia. Recordou que a última ampliación deste parque empresarial foi realizada por XESTUR en 2011 cun investimento de preto de 26 millóns de euros e unha superficie bruta de 718.482 metros cadrados.

 

SOLO INCLUÍDO NO CONCURSO DE XESTUR 2020

 

Num. de parcelas

Superficie m2

Prezo bonificado €

Bonificación

A Sionlla
61

255.314,50

24.941.470,75

10.689.201,75

Negreira

3

7.280,00

330.468,60

171.851,40

Boiro

1

2.369,00

134.322,30

57.566,70

Arzúa

1

2.011,00

84.462,00

36.198,00

Carballo

21

74.841,00

2.726.315,25

2.726.315,17

Cedeira

36

38.677,00

1.337.285,77

1.337.285,48

Ortigueira

43

50.748,00

1.440.552,00

1.440.552,00

Cervo

15

27.843,37

654.512,94

654.512,91

As Gándaras (Lugo)

4

33.606,00

1.596.285,00

1.596.285,00

Viveiro

12

35.689,46

1.300.853,21

1.300.853,14

Vilamarín

12

18.721,39

622.058,57

622.058,54

Pereiro de Aguiar

4

7.366,00

294.640,00

294.640,00

Mos

11

48.182,00

5.352.202,80

2.293.801,20

A Reigosa

14

119.330,03

7.891.259,74

3.381.968,42

Lalín

2

6.523,00

425.005,00

182.145,00

Silleda

4

12.974,66

672.657,64

465.079,41

Arbo

19

21.964,20

759.956,00

759.956,00

TOTAL

263

763.440,61

50.564.307,57

28.010.270,12