A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no concello de Ortigueira

Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos dos ríos ao seu paso polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo

Estas actuacións de Augas de Galicia forman parte das tarefas de mantemento de tramos en areas con risco potencial de inundacións, e consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza de conservación nos tramos interurbanos dos ríos Vilariño e Mera, no municipio de Ortigueira.
Estes traballos de mantemento e conservación están a desenvolverse ao paso destes ríos polas parroquias de Mera de Riba e Mera de Baixo.

As actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos e forman parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs), centrándose na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta na canle e roza selectiva. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos da administración hidráulica da Xunta permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Imaxes relacionadas