Sanidade traslada ao Goberno unha proposta para a realización de actividades físicas en distintas franxas horarias e por tramos de idade
Avoga por permitir actividades que se practican individualmente e establecer medidas para deportistas profesionais ou federados
A Consellería de Sanidade remitiulle ao Ministerio de Sanidade un documento no que se recollen as recomendacións que consideran deberían incluírse na orde ministerial que permita a realización de actividade física. Neste sentido, propóñense distintas franxas horarias por tramos de idade que permitan que as actividades autorizadas non conflúan, as distancias máximas que se deben manter e a distancia máxima con respecto ao domicilio.
Recoméndase ademais autorizar determinadas actividades que se poden levar a cabo de xeito individual e, de acordo coas respectivas federacións, contemplar a modificación das condicións para a práctica deportiva, especialmente no que se refire ao alonxamento do domicilio.
Documentos relacionados
- Recomendacións sobre a práctica de actividade física
- Recomendaciones sobre la práctica de actividad física