Anxo M. Lorenzo felicita a Oriana Méndez polo Premio de Poesía Afundación

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

A obra Interna da escritora Oriana Méndez fíxose esta tarde co XVIII Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. Durante a reunión do xurado, que tivo lugar na sede da rúa do Vilar de Afundación, o secretario xeral de Cultura do Goberno galego, Anxo M. Lorenzo, destacou o alto nivel literario deste renomeado certame que “coida todos os detalles e serve de acicate para os creadores” e felicitou á premiada á que lle desexou “máis éxitos no futuro”.

Este galardón comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias Centro PEN Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa ou Miguel Sande, gañador da anterior convocatoria.

Imaxes relacionadas