O Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia nomea novo xerente a Emilio de la Iglesia
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión deste órgano no que se aprobou o nomeamento por unanimidade
O ata agora subdirector xeral de Coordinación de Servizos Transversais tamén foi coordinador de prevención das eleccións autonómicas do 12 de xullo
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe por videoconferencia a reunión do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia, que aprobou por unanimidade o nomeamento de Emilio de Ia Iglesia como xerente do organismo. A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén participou no encontro.
Nado en 1983 en Noia, Emilio de la Iglesia é licenciado en Dereito e posúe o Diploma do Estudos Avanzados en Dereito Tributario Europeo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que ademais realizou tarefas de investigación.
Na súa traxectoria profesional ocupou varios postos na Administración autonómica. Desde 2013 desempeñaba o cargo de subdirector xeral de Coordinación de Servizos Transversais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e tamén foi o coordinador de prevención das eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo.