A Xunta mellora a sede da Fiscalía e crea unha nova sala de espera para vítimas no edificio xudicial de Monforte

O Goberno galego contribúe á protección destas vítimas, de menores e doutros colectivos vulnerables con medidas como a implantación de salas de espera independentes

Tamén foron instaladas novas luminarias en ambos espazos ademais de luminarias de emerxencias e diverso mobiliario

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo no edificio xudicial de Monforte onde se levaron a cabo melloras na sede da Fiscalía e se creou unha sala de espera para as vítimas.
Concretamente a reforma afecta ao distribuidor da primeira planta do edificio, onde se ampliou as oficinas da fiscalía cun novo despacho e se creou unha sala de espera para a vítima. Tamén foron instaladas novas luminarias en ambos espazos ademais de luminarias de emerxencias e diverso mobiliario. Contou en total cun orzamento de 14.000 euros.

O Goberno galego ten en marcha o Plan de Infraestruturas Xudiciais, dotado con 115 millóns de euros para levar a cabo actuacións necesarias nas sedes xudiciais galegas para modernizar e unificar os servizos xudiciais en Galicia co obxectivo de mellorar as instalacións existentes e prever as necesidades estruturais da planta xudicial galega.

Imaxes relacionadas