Florida desfrutará do cocido de Lalín da man da comunidade galega en Miami

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao alcalde da capital do Deza, José Crespo e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de USA, José Manuel Brandariz

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe no concello de Lalín, á presentación das xornadas do Cocido que se realizarán en Miami en marzo do próximo ano, xunto ao alcalde da capital do Deza, José Crespo,e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos de USA, José Manuel Brandariz.

Rodríguez Miranda trasladou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa que permitirá gozar, grazas á comunidade galega de Miami, dun dos principais produtos gastronómicos galegos como é o cocido, que conta coa cualificación de Festa de Interese Turístico Internacional.

“A colaboración da Xunta de Galicia co concello de Lalín e a Aegusa fará posible a potenciación da gastronomía galega nesta cidade norteamericana”, engadiu Miranda, quen felicitou á comunidade galega de Miami por esta iniciativa que “potencia aínda máis o noso nexo de unión”.

Imaxes relacionadas