22/11/22 | 21:14 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateron as prioridades políticas para o ano 2023
Jesús Gamallo interveu na reunión para pedir a inclusión da política pesqueira común como unha das prioridades de traballo desta comisión en 2023, informando do impacto negativo que está a ter para Galicia a prohibición da pesca de fondo en 87 zonas das augas atlánticas
No encontro tamén se presentou un informe sobre o desenvolvemento da estratexia sobre bioeconomía nas rexións europeas na que Galicia aparece como unha das rexións destacadas nos traballos realizados neste eido.