Conde destaca que os Premios Xove Empresario de AJE Ferrolterra evidencian a importancia do talento emprendedor para afrontar a recuperación económica e aumentar o crecemento sustentable

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na sétima edición destes galardóns, que tivo lugar no castelo de San Felipe

Sinala que os 23 proxectos finalistas contribúen á dinamización económica da comarca, apostando pola tecnoloxía, a innovación, a arte ou a gastronomía

O Goberno galego destina axudas directas ao tecido empresarial nos orzamentos do vindeiro ano para apoiar a súa dixitalización e fomentar a sostibilidade
 

Ferrol, 26 de novembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe en Ferrol que os 23 proxectos finalistas dos VII Premios Xove Empresario de AJE Ferrolterra son froito do talento, o cal considerou moi necesario para afrontar a recuperación económica e poder medrar de forma sustentable.
Así, durante o acto celebrado esta tarde no castelo de San Felipe, agradeceulles a súa aposta polo emprendemento, asegurando que cada un deles contribúe á dinamización económica da comarca a través da tecnoloxía, a innovación, a sustentabilidade, a arte e a gastronomía. Ao mesmo tempo, puxo en valor o labor de AJE Ferrolterra á hora de ofrecer asesoramento e colaboración a cada nova iniciativa que bota a andar na zona.

Coa mirada posta no futuro máis próximo e co ánimo de fomentar unha economía dixital e sustentable en todo o tecido empresarial, os orzamentos do Goberno autonómico para o vindeiro ano destinan 2.600 millóns de euros á recuperación da economía galega.

Unhas contas nas que as pemes van ser destinatarias directas de programas de apoio á dixitalización e de fomento da sustentabilidade como cheques dixitais, bonos de innovación –buscando unha maior incidencia no medio rural–, un programa dirixido a crear centros de innovación nas propias empresas e outro destinado a reducir a súa pegada de carbono.
 

Imaxes relacionadas