Política Social destaca o papel dos espazos xoves como dinamizadores xuvenís das súas contornas
Vigo, 14 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos responsables dos espazos xove das provincias de Ourense e Pontevedra (Vilagarcía de Arousa, Tui e Lalín) para ultimar as programacións anuais de actividades, nas que se combinarán accións formativas con outros programas de ocio educativo, de lecer e de interese para as mozas e mozos de cada contorna.

Cristina Pichel trasladou a importante oportunidade que se abre, con motivo do Ano Europeo de Xuventude que se celebra neste 2022, para seguir mellorando os recursos, instrumentos e información ao servizo da mocidade. Trátase dunha tarefa de dinamización na que os diferentes espazos xoves repartidos por toda Galicia xogan un papel fundamental.
 

Imaxes relacionadas