A candidatura de Teresa Portela para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022 afronta a súa última semana
Santiago, 15 de marzo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Secretaría Xeral para o Deporte continua recompilando os apoios para a candidatura da padexeira galega Teresa Portela para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022. Dende o pasado 11 de febreiro, o portal web da Xunta de Galicia ofrece un espazo para rexistrar os apoios populares á devandita candidatura. Cómpre lembrar que o prazo de presentación dos apoios pecharase o vindeiro 23 de marzo, polo que a candidatura entra na súa última semana.

Teresa Portela converteuse en Toquio na muller española con maior número de participacións olímpicas cun total de 6 e xa traballa para que en París 2024 sexan 7. O seu palmarés fala por si mesmo: 15 medallas mundiais, 17 europeas e unha prata olímpica.
 

Imaxes relacionadas