20/09/22 | 20:49 | A Presidencia da Xunta Rueda celebra que as Medallas Pardo Bazán premien a traxectoria de mulleres referentes que inspiran ás demais a seguir o camiño da igualdade
Manifesta que non hai táctica nin discurso político que poida ignorar que as mulleres aínda son vítimas da desigualdade: “Nin titubeos, nin pasos atrás”
“Como presidente da Xunta, pero tamén como pai de dúas fillas, farei todo o que estea na miña man para que o presente e o futuro de todas as nenas e adolescentes en Galicia, sexa un presente e un futuro en igualdade”, subliña
Asegura que o Goberno galego seguirá traballando para rachar coa fenda de xénero, destacando a nova Lei galega de Igualdade que se atopa en tramitación