Fernández-Tapias destaca que o programa Enki consegue rachar cos estereotipos do deporte adaptado

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á celebración destas actividades no campus As Lagoas

Nas actividades participou o alumnado de tres centros educativos da provincia que tiveron a oportunidade de experimentar a práctica de deportes adaptados

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 18 de marzo de 2022.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta mañá ao evento ‘Conocemos el deporte adaptado’ organizado polo proxecto Enki no campus As Lagoas. Durante o acto puxo en valor que esta iniciativa consegue rachar cos estereotipos que existen na sociedade sobre o deporte adaptado.

Nesta actividade, alumnas e alumnos de tres centros educativos da provincia participaron en estacións deportivas nas que tiveron que poñerse no lugar das persoas con discapacidade. Un xeito de fomentar a comprensión mutua e permitir que as xeracións máis novas estean máis sensibilizados coa realidade das persoas con algunha discapacidade. Entre os deportes que puideron practicar atópase o rugby, o ciclismo adaptado, o volley sentados ou o tenis en cadeira de rodas.

Esta acción está enmarcada dentro das Xornadas de Sensibilización en Centros Educativos que se leva realizando durante os últimos anos por distintos centros de toda Galicia. Entre as actividades atópanse charlas con deportistas profesionais ou xornadas lúdicas para achegarse ao deporte adaptado.

Imaxes relacionadas