O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da Mobile Week Ourense 2022
https://www.xunta.gal/multimedia/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Setembro/semana-02/Mobile Week Ourense 2022 2_medium.jpg
Ourense, 7 de setembro de 2022
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da Mobile Week Ourense 2022, que se desenvolverá entre o 15 e 18 de setembro. A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital Barcelona, conta co apoio activo da Xunta de Galicia.
A Mobile Week Ourense 2022 está deslocalizada pola provincia e perfilada baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.