Miranda retoma o contacto coas entidades de Canarias no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife

O secretario xeral da Emigración iniciou unha rolda de visitas polas entidades galegas nesta comunidade autónoma para coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo

Santa Cruz de Tenerife, 23 de setembro de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife a rolda de visitas que realizará nestes días ás entidades galegas situadas na comunidade autónoma canaria. O obxectivo é coñecer como retomaron as actividades trala pandemia e agradecer o seu apoio na difusión do Ano Santo Xacobeo.

 

Durante a súa visita, o secretario xeral mantivo un encontro coa directiva actual, co seu presidente Eduardo Sánchez Solla á cabeza, e tamén percorreu as instalacións, destacando o labor que desenvolve este centro na promoción e fomento do intercambio cultural entre ambas comunidades autónomas, e o seu traballo por manter un nexo de unión entre os galegos residentes nas illas.

 

O Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife conta cunha escola de gaita e percusión, e varias escolas de baile. Tamén ten unha ampla biblioteca e publica unha revista propia baixo o nome “O Noso”. Esta entidade iniciará en breve un obradoiro de cociña galega presencial.

Imaxes relacionadas