O IES de Ribadeo gaña un premio que fomenta o achegamento da mocidade á Unión Europea

Ribadeo (Lugo), 14 de outubro de 2021

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta mañá na entrega de diplomas aos alumnos do IES de Ribadeo por gañar un dos premios que entregaba a Asociación Ingalicia a través do seu proxecto Take a walk on the EU side (Taeus). Esta iniciativa procura achegar Europa, as súas institucións e as súas oportunidades á xuventude.

 

O alumnado do centro realizou un traballo para recuperar documentación histórica da localidade, promovendo a súa dixitalización para garantir a conservación futura e o coñecemento de xeracións vindeiras. Pola súa banda, Cristina Pichel felicitou aos rapaces pola súa implicación e traballo e animounos a seguir participando de xeito activo nas diferentes oportunidades que ofrece a UE á mocidade, como os programas Erasmus+, e máis se cabe neste Ano Europeo da Xuventude.

Imaxes relacionadas