A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nas xornadas que terán lugar hoxe e mañá en Padrón
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe xunto ao alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, nunha xornada levada a cabo pola Aceleradora Galega de proxectos turísticos, Turislab, onde conversaron sobre o Camiño de Santiago e a importancia do mesmo como elemento dinamizador do sector económico e social do noso territorio.
Durante a súa participación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu na importancia do Camiño para Galicia e para o mundo grazas á ligazón histórica e cultural que fomentou no territorio europeo o tránsito de peregrinos dende todos os lugares do mundo. Neste senso, destacou a importancia que tivo, no ano 1987, o nomeamento do Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural.
“Para Galicia o Camiño e este Xacobeo significa tamén poder mostrar as moitas ofertas turísticas das que gozamos, xa que somos unha terra cunha potencia turística de excelencia e de gran calidade”, finalizou a directora de Turismo de Galicia.