24/01/19 | 14:13 | Axencia de Turismo de Galicia Os ‘Trens turísticos de Galicia’ estrearán a nova ruta polos camiños de Santiago que percorrerá catro itinerarios xacobeos
É unha das principais novidades da edición de 2019 e permitirá descubrir parte do Patrimonio Mundial de Galicia a través de diferentes tramos do Camiño Inglés, do Camiño do Norte, do Camiño Francés e do Camiño Primitivo
Tamén se duplicará nesta edición o número de saídas de rutas como a dos Mosteiros, que se estreou en 2018 co 100% de ocupación, e se incorporarán visitas a espazos emblemáticos de Galicia en varios dos traxectos propostos
Este produto turístico de éxito contará con ata 12 itinerarios temáticos diferentes que suman máis de 16.000 quilómetros polas catro provincias