A Xunta participa na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística “Barbanza Arousa. Viaxe a través dos sabores”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Plan que conta con 1.500.000 euros


Forma parte do Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia que se desenvolverá en Galicia no horizonte 2023-2025
 

Pobra Do Caramiñal, 29 de decembro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística Barbanza Arousa. “Viaxe a través da historia dos Sabores”, que forma parte do Plan Terrrtorial de Enogastronomía de Galicia, aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo, a proposta do Goberno galego.

 

Durante a súa intervención, Castro fixo fincapé na importancia de desenvolver este tipo de accións gracias as cales reivindicamos elementos diferenciáis da nosa tradición e da nosa cultura tan altamente valorados como a enogastronomía e indicou que este Plan conta con 1.500.000 euros.

 

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia salientou tamén as intervencións dentro do Plan de Territorial de Enogastronomía de Galicia referidas ao embelecemento e adecuación dos establecementos de produción enolóxica e alimentaria e das súas contornas para mellorar a imaxe tanto física como dixital dos destinos, potenciando a chegada do AVE a Galicia, así como a mobilidade sustentable, que ten por obxectivo reducir o impacto ambiental dos desprazamentos dos visitantes polo territorio e mellorar a accesibilidade aos lugares de interese dinamizando así a actividade turística.

 

O Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, conta con 34,5 millóns de euros, e engloba actuacións en 80 concellos das 4 provincias galegas que teñen como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sostible desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.