Fernández-Tapias asiste ao acto de iluminación da fachada da Xunta en Vigo como remate do Xacobeo

Vigo, 21 de decembro de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores nos actos celebrados no edificio administrativo do Goberno galego da cidade olívica con motivo do remate do Xacobeo. Así, a fachada da Delegación viguesa foi iluminada coa frecha que marca o percorrido do Camiño de Santiago e coa palabra “grazas” en seis idiomas.  

Imaxes relacionadas