A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro no casco vello de Chantada

Chantada (Lugo), 9 de decembro de 2022

A Xunta de Galicia entregou hoxe unha vivenda en réxime de alugueiro na praza de España de Chantada, incluída no grupo de inmobles rehabilitados como vivendas de promoción pública no casco vello da localidade.


O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acudiu á entrega das chaves do piso, con 79 metros cadrados de superficie e un dormitorio. Arias lembrou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite sinxelo que pode realizarse de forma electrónica e posibilita o acceso aos sorteos das vivendas de promoción pública.

Imaxes relacionadas