A Xunta mellora a accesibilidade do centro socio cultural de Bóveda ao abeiro da liña de axudas a equipamentos culturais
O Goberno galego destina medio millón de euros a este fin en toda Galicia
Na provincia de Lugo inxectáronse 162.463 en proxectos de 14 concellos
A actuación enmárcase no impulso do Goberno galego á participación sen barreiras nas manifestacións culturais, que se traducirá na Lei de Cultura Inclusiva e Accesible
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou esta tarde o centro socio cultural de Bóveda, cuxa accesibilidade acaba de mellorar a Xunta de Galicia. Esta actuación é unha das máis de 40 beneficiarias no programa de axudas do Goberno galego para mellorar o equipamento das instalacións e locais dos concellos destinados a actividades culturais cun investimento de 500.000€.
Lei de Cultura Inclusiva
Esta actuación enmárcase, ademais, na liña prioritaria do Goberno galego de impulsar a participación activa de todo tipo de persoas e colectivos nas manifestacións culturais, ao tempo que se favorece o seu acceso sen ningún tipo de barreira. Para acadar este obxectivo, a Xunta está a tramitar a futura Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, unha lei pioneira en España e no resto de Europa.