A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da plataforma Aldealista, o “Tinder dos pobos galegos”

Madrid, 16 de decembro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu esta semana a benvida á plataforma Aldealista, con Juan Carlos Pérez á fronte, nacido en San Xoan de Río (Ourense).

 

O obxectivo da plataforma non é outro que pór valor e visibilizar os 209 concellos galegos de menos de 5.000 habitantes para deste xeito loitar contra a chamada España baleirada.

 

Coñecida como o 'Tinder' dos pobos galegos, esta nova e sorprendente aplicación está xa dispoñible en Play Store e App Store.

 

O seu funcionamento é sinxelo e moi intuitivo. Una vez entraches na aplicación, a app vaiche mostrando municipios semiabandonados de Galicia, e valos deslizando ata que un che chama a atención e, sobre todo, o que máis se axusta ás preferencias do teu perfil. É entón cando fas ‘match’, e a aplicación móstrache toda a información do mesmo, o que ten para ofrecer e a mellor maneira de visitalo.

 

O obxectivo da aplicación é conseguir que os pobos galegos "namoren" a todos aqueles que están a buscar un lugar paira coñecer, paira visitar e porqué non, paira vivir.

 
O seu creador entregou aos alcaldes e representantes das deputacións presentes un código QR pegado nunha baldosa, que ao escanealo aparece onde se pode comprar, comer ou durmir no concello: "Queremos dixitalizar e axudar á Galicia rural, onde necesitamos ordenar o que hai na nube e responder o propósito do que é Aldealista", explicou na presentación o emprendedor Juan Carlos Pérez.

Imaxes relacionadas