A Xunta reafirma a súa aposta pola valorización dos recursos turísticos patrimoniais nos municipios galegos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe as obras de embelecemento levadas a cabo en Corcubión ao abeiro da orden de axudas outorgadas no ano 2021 para levar a cabo actuaciones de mellora das infraestructuras turísticas

Con esta actuación, o Concello beneficiouse dunha achega de 29.123,94 €

Corcubión, 19 de decembro de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe en Corcubión as obras de embelecemento da rúa Salvador Allende, realizadas ao abeiro da orde de axudas infraestructuras para concellos de menos de 10.000 habitantes, pola que este concello coruñés beneficiouse dunha axuda de 29.123,94 €.

Esta liña de xaudas, outorgada no ano 2021, naceu coa finalidade de fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos en concellos para a consolidación da oferta turística nos concellos galegos a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Durante a súa intervención, Castro puxo en valor a importancia da realización deste tipo de actuacións para conservar o valor patrimonial da nosa Comunidade, destacando que grazas este tipo de actuacións,  Galicia consolida unha oferta de calidade nos pequenos concellos.

Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia destacou o potencial do turismo para estimular o crecemento da economía local. “Creemos firmemente que grazas ao turismo impulsamos a loita contra a despoboación, a xeración de riqueza e, por suposto, a mantemento das tradicións e a cultura”.

 

A actuación executada na rúa Salvador Allende, consistiu na pavimentación da mesma, continuando co tratamento realizado noutras rúas e prazas próximas do Casco Histórico; é dicir, utilizando un pavimento de lastras de granito, de 10x10x8 cm., sentados sobre capa de morteiro semi-seco.

Realizouse tamén unha rede de saneamento que da servizo ás vivendas que conectan co tramo da vía sobre a que se ten actuado.

 
A actuación completouse co ocultamento dos contedores de residuos situados nas proximidades á zona de actuación, mediante cubrecontedores de madeira tratada; así como coa canalización do cableado do alumeado público, deixando este soterrado.

Imaxes relacionadas