Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo ao control arqueolóxico para a musealización e posta en valor da Fortaleza do Castro
A Dirección Xeral comunica o seu informe favorable como actividade de prevención do patrimonio
Os materiais que poidan aparecer depositaranse provisionalmente no Museo Municipal Quiñones de León no prazo de seis meses
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre o proxecto de control arqueolóxico para a posta en valor da Fortaleza do Castro.
A nova autorización de Patrimonio Cultural contén varias condicionantes, como fotografar todas as unidades estratigráficas da intervención, con detalle dos elementos máis representativos, e facer seccións e planos topográficos xerais de resultados do control.