23/11/22 | 13:41 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades A Xunta dálle un novo impulso ao Campus de Ferrol cunha inxección de 1 M€ para o futuro Centro de Investigación en Industria Intelixente
Román Rodríguez subliña que esta infraestrutura vai ser un “polo de innovación ao servizo de proxectos estratéxicos de enxeñaría, innovación e deseño”
O centro reunirá nun só edificio seis ámbitos de especialización como son a robótica industrial, materiais, optimización de procesos industriais, enxeñaría naval e offshore, xestión industrial e desenvolvemento de produto
Desde a posta en marcha do proxecto do campus de especialización, no ano 2015, o Goberno galego leva investidos máis de 6M€