09/11/22 | 12:08 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta remata a modernización dos centros educativos públicos da Estrada con 1,2 M€ e avanza na ampliación do IES Losada Diéguez por 3 M€
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou dos investimentos globais en colexios e institutos do concello na visita final de supervisión á rehabilitación integral e enerxética do CEIP de Figueroa xunto ao alcalde estradense, José López
A Consellería de Educación tamén rematou entre o verán e o outono diversas melloras nos IES Manuel García Barros e Número 1, centradas na substitución de luminarias; no CEIP Cabada Vázquez coa susbstitución de carpintarias; e no instituto de FP cun novo módulo exterior
“A aposta polas infraestruturas educativas na Estrada é un feito e algo necesario tanto polo volume de alumnado e a calidade do ensino como pola boa colaboración co Concello, que afronta cada ano de xeito puntual os labores de mantemento que lle corresponden e outras obras, polo que creo que temos unha coordinación engraxada e exemplar”, sinalou o representante