25/10/22 | 14:07 | A Presidencia da Xunta A Xunta anuncia actuacións fundamentais para configurar unha Pontevedra con mellores servizos, máis verde e con máis oportunidades
Rueda adianta a posta en marcha dun ambicioso proxecto para recuperar o Pazo de Lourizán e a súa contorna, vencellado co arquitecto David Chipperfield para convertelo nun referente do sector forestal e darlle un uso turístico
Sitúa o Hospital Gran Montecelo como a “xoia da coroa” da actual lexislatura e compromete que estarán rematadas as obras a finais de 2023 ou principios de 2024
Salienta o investimento importante na reforma do Instituto Valle Inclán por valor de 4,7 M€
Garante o apoio da Xunta á mellorar urbanística e medioambientalmente o centro de Pontevedra coas actuacións de destape do Río Gafos
Pon en valor os traballos na reforma integral da estrada a Marín (PO-546) para convertela nun eixe de mobilidade sustentable cun investimento de 9 M€
Anuncia a colaboración da Xunta na reforma do Convento de Santa Clara, unha vez se coñeza a actuación “en detalle” e que aínda está por definir