Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

10/12/21 | 16:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará en 2022 uns 5,33 M€ para poñer en valor terra agraria a través das ferramentas da Lei de recuperación

José González trasladou que instrumentos como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta permitirán avanzar na recuperación demográfica, na mellora da calidade de vida e na anticipación aos lumes

10/12/21 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta deulle prioridade a 45 concellos galegos para levar a cabo a recuperación e mellora de 2.000 hectáreas de soutos de castiñeiros ata o ano 2025

José González reiterou a importancia de recuperar os soutos fomentando as ferramentas de xestión conxunta, un eido no que se vai incidir, “aínda máis se cabe, co futuro Programa do castiñeiro e da castaña”, remarcou

10/12/21 | 13:07 | C. do Medio Rural

A Xunta explica en Castro de Rei como a ferramenta Conta Láctea pode axudar a mellorar a posición dos gandeiros á hora de negociar os prezos do leite

Esta aplicación informática foi creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo

10/12/21 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta constata que 16 concellos da Coruña e Lugo están libres da couza guatemalteca da pataca

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que actualiza as medidas para facer fronte a este organismo de corentena e que constata un avance significativo na contención da praga

09/12/21 | 12:49 | C. do Medio Rural

O convenio de protección das aldeas fronte o lume completou a comprobación das faixas de 92 concellos e 685.000 parcelas cunha superficie xestionada do 65%

José González destacou que estas parcelas suman preto de 44.000 hectáreas, das cales están xestionadas case que 29.000 ha repartidas en 432.000 parcelas

08/12/21 | 12:45 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará a vindeira semana a I Mostra de Calidade Alimentaria no Pazo de Quián

Haberá diferentes presentacións, como a da nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar os produtos alimentarios de calidade, así como foros sobre gastronomía e turismo, a filosofía “slowfood” e a Dieta Atlántica, entre outros

07/12/21 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a partir deste venres 127 M€ máis correspondentes ás axudas da PAC 2021-2022

Tras os anticipos aboados en outubro, os ingresos por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria -dependente da Consellería do Medio Rural- elévanse xa aos 164 millóns de euros para un total de máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade

05/12/21 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta constata o reforzo da colaboración transfronteiriza con Portugal en materia de sanidade animal e vexetal

No ámbito animal incidiuse, entre outras cuestións, na necesidade de continuar traballando na redución do consumo de antibióticos nas diferentes especies gandeiras

04/12/21 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Lobios proxectan a implantación das aldeas modelo de Puxedo e Requeixo no marco da Lei de recuperación da terra agraria

Segundo as solicitudes do consistorio, estas iniciativas permitirían dinamizar os núcleos de poboación de San Paio e Grou respectivamente, xerando actividade económica que serviría de devasa natural fronte aos lumes forestais

03/12/21 | 16:11 | C. do Medio Rural

A estratexia da Xunta para o viño márcase como obxectivo incrementar en dez puntos as vendas no mercado internacional

José Luis Cabarcos sinalou que un dos eixos desta estratexia pasa por lograr un equilibrio da presenza dos viños galegos nas distintas canles de comercialización, apostando pola internacionalización, pero sen esquecer o mercado nacional