Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa a Estratexia da carne para fomentar este sector clave dentro do agro galego e para poñer en valor as súas producións
José González explicou que esta planificación persegue crear riqueza e oportunidades nos espazos rurais, xerar valor engadido na cadea de valor, incentivar o consumo de carne, impulsar a remuda xeracional nas explotacións e promocionar a carne galega
A Xunta e o Concello de Ribadavia avalían a posibilidade de implantar un polígono agroforestal
Na reunión, tratáronse as vantaxes de impulsar unha ampla superficie de terreo destinada a viñedo, co fin de ampliar a produción da Denominación de Orixe Ribeiro
A Xunta difunde Conta Láctea como unha ferramenta útil para mellorar a posición negociadora dos gandeiros sobre os prezos do leite
Conta Láctea, creada pola Administración galega xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras
Galicia e Castela e León censuran a falla de compromiso do Goberno central co sector primario á hora de frear a venda a perdas
Ambas comunidades afearon o voto en contra no Senado á emenda presentada para incorporar na lei da cadea alimentaria a aplicación Conta Láctea como forma de acreditación do custo efectivo de produción de agricultores e gandeiros
A Xunta pon en valor o traballo dos Grupos de Desenvolvemento Rural para axudar a aplicar a Lei de recuperación da terra e na dinamización xeral do agro
Inés Santé subliñou o papel dos GDRs na xestión do Leader, e neste sentido valorou a súa achega para consolidar case 2.300 empregos e para crear outros 790 postos de traballo en Galicia no período 2014-2020, ao abeiro deste programa
A Xunta constata os avances rexistrados na ordenación e na certificación dos montes galegos
José Luis Chan salientou que Galicia lidera o incremento en superficie total certificada FSC a nivel nacional e que o terreo ordenado supera hoxe as 300.000 hectáreas, un 42% máis ca no ano anterior
A Xunta pon en valor a súa estratexia de Dixitalización e descarbonización da xestión do monte e ferramentas estatísticas como o inventario forestal continuo
Na súa intervención, José Luis Chan apelou ás necesidades de usar a tecnoloxía para acelerar os procesos produtivos do sector forestal, de erixir a figura dos silvicultores e as súas agrupacións e de potenciar ecomateriais baseados en madeira
A Xunta apoia proxectos piloto de novos produtos e tecnoloxías en bodegas Terras Gauda e comercializadora de plantas de Galicia
O delegado territorial, Luis López, coñeceu a iniciativa de revalorización do bagazo para a obtención de vermicompost nunha visita á adega do Rosal, que recibíu unha achega de 100.000€ da Consellería do Medio Rural ao abeiro desta orde de axudas
A Xunta apoia e impulsa a innovación produtiva do sector agrario cunha clara vocación de transferencia
Este evento serve para presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas con fondos Feader e da Consellería do Medio Rural co fin de impulsar a innovación no sector produtivo primario da nosa comunidade
A Xunta e o concello de Lalín estudan propoñer o lugar de Bustelos, na parroquia de Vilatuxe, como aldea modelo
O conselleiro do Medio Rural mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños en relación ao agro