Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

01/12/22 | 16:43 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

O Goberno galego convocará máis de 5.650 prazas de emprego público no Sergas antes de que finalice este ano

Rueda subliña que o Consello aprobou hoxe a OPE para persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde que inclúe 1.294 prazas

01/12/22 | 14:39 | C. de Sanidade

Galicia mantén a tendencia á diminución da incidencia do VIH, con 4,8 casos por 100.000 habitantes no ano 2021

A incidencia no período 2004-2021 foi de 6,4 casos por 100.000 habitantes, que sitúan á Comunidade por debaixo da media española, próxima aos 10 casos por 100.000 habitantes.

01/12/22 | 14:15 | C. de Sanidade

O Sergas modifica o pacto de selección temporal respecto das situacións relacionadas co nacemento de fillos

A modificación do Pacto prodúcese logo do acordo unánime coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT

01/12/22 | 13:09 | C. de Sanidade

A Sanidade pública galega recibe 12 galardóns nos premios ‘Best In Class’

Os premios Best in Class, entregados onte nun acto en Madrid, ao que asistiu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, teñen como obxectivo recoñecer aos mellores hospitais e centros de saúde, servizos e unidades do territorio nacional
 

01/12/22 | 12:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.419 casos activos por coronavirus

Un total de 681.617 pacientes xa están curados
 

30/11/22 | 15:18 | C. de Sanidade

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue acolle a doazón do reitor da Universidade de Santiago de Compostela e invita aos estudantes a colaborar de xeito activo

A Universidade de Santiago de Compostela foi a de maior participación en Galicia durante o curso 2021-2022 dentro das campañas universitarias impulsadas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

30/11/22 | 14:14 | C. de Sanidade

Galicia promove unha plataforma multidisciplinar que emprega a intelixencia artificial e ofrece ferramentas para a abordaxe da covid persistente

O proxecto inclúe, entre outras cousas, o estudo da atención e a memoria de pacientes con covid persistente a través de xogos no móbil
 

30/11/22 | 11:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.372 casos activos por coronavirus

Un total de 681.555 pacientes xa están curados

29/11/22 | 22:47 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta e os Colexios de Médicos acordan avanzar no impulso da atención primaria e na compatibilidade da práctica profesional

Os facultativos expresaron ao Goberno galego que, na súa opinión, é necesaria unha reestruturación territorial da atención primaria

29/11/22 | 14:13 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Gabriel Alén salienta a necesidade de diminuír o número de rapaces e rapazas con problemas de sobrepeso e de obesidade

O delegado territorial explicou que a obesidade é un problema de saúde pública entre os máis cativos que cómpre afrontar