Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

03/12/20 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro anuncia unha acción transversal para a prevención de lumes en Cerdedo-Cotobade con mellora de pistas forestais, cortalumes e creación de puntos de auga

A delegada territorial visita, co alcalde Jorge Cubela e o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, a actuación realizada na vía central do monte veciñal da parroquia de Pedre e as obras de construción do punto de auga de Corredoira

03/12/20 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro valora a aposta da Xunta pola formación e o traballo en Vilanova de Arousa coa posta en marcha de dous obradoiros de emprego

A delegada territorial visita, co alcalde Gonzalo Durán, as tarefas da iniciativa de hostalaría ‘Mar de Santiago’, que forma a 16 persoas desempregadas menores de 30 anos, con motivo do seu primeiro mes de actividade

03/12/20 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis 137.000 euros en axudas para a mellora das infraestruturas turísticas e de embelecemento do Camiño de Santiago en Ferrolterra

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo financiou 7 proxectos para a posta en valor dos recursos turística desta comarca

03/12/20 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial en Vigo acolle un seminario online para resolver dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do Plan de Rescate da Xunta

Promovidos por Turismo de Galicia en colaboración coa Vicepresidencia económica e a Consellería de Emprego e Igualdade, a xornada enmárcase no conxunto dos webinars que se están a celebrar nas catro provincias

03/12/20 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta vermella por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ondas de 8 a 9 metros e continuará vixente a alerta laranxa no resto do litoral galego

02/12/20 | 20:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa este xoves a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral galego

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 8 metros

02/12/20 | 19:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementará o orzamento á Administración de Xustiza en 2021 nun 4,4% para crear e renovar novos órganos xudiciais e avanzar na súa modernización

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, participaron esta tarde na reunión da Comisión Mixta de Xustiza

02/12/20 | 18:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lugo acolle un seminario online para resolver dúbidas e axilizar as solicitudes das axudas do Plan de Rescate da Xunta

A xornada está promovida por Turismo de Galicia en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade e o IGAPE no marco dos webinarios que se están a celebrar nas catro provincias