Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/11/22 | 13:07

A Xunta concede axudas por preto de 210.000 € para mellorar a xestión dos residuos domésticos nunha vintena de concellos

Financiarase a implantación de cinco puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada e catro actuacións destinadas á prevención da xeración de residuos e á reutilización a través da creación de espazos públicos de autorreparación

17/11/22 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de urbanización dun novo parque público no lugar de Outeiro Cruz, no concello ourensán da Arnoia

Gabriel Alén explicou que nas obras vanse investir 215.085,57 euros froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello para cofinanciar os traballos nun 70% e nun 30%, respectivamente

17/11/22 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede un novo programa integrado de emprego á mancomunidade e 30 cursos AFD de formación para desempregados no Salnés cun investimento de 1,9 M€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou da aprobación destas novas iniciativas laborais, que mellorarán a empregabilidade de 550 persoas da comarca arousana e que se engaden ás 100 que xa se están a formar nos cinco obradoiros de emprego

17/11/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia
17/11/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias condena os ataques aos xuíces e amosa o seu “apoio e respaldo” á labor da xudicatura na apertura das Xornadas de Dereito Privado en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do congreso de Xuízas e Xuíces pola Democracia na cidade

16/11/22 | 17:47 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén a súa esixencia de que se flexibilicen os requisitos para o cobro das axudas da PAC mentres perdure a inflación e a crise económica

José González sinalou que é necesario aliviar e facilitar a actividade do noso sector primario, sobre todo en momentos conxunturais como o actual

16/11/22 | 17:35

Galicia defende ante a Unión Europea o seu modelo de xestión do lobo como garantía do equilibrio entre a especie e a gandaría sostible

Ángeles Vázquez subliña a “eficacia” demostrada polo plan de xestión galego do lobo desde a súa aprobación no ano 2008, ao lograr mantelo nun estado de conservación favorable e compatibilizar a súa presencia no territorio co sector agrogandeiro

16/11/22 | 17:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta na edición inaugural de Sedexpo as tecnoloxías do futuro dos sistemas non tripulados

O Polo Aeroespacial de Galicia terá unha importante presenza nesta primeira Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, que se celebra desde mañá e ata o sábado en Silleda

16/11/22 | 17:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a formación como ferramenta para favorecer o envellecemento activo

Este ano incrementouse ata os 190.000 euros o convenio de colaboración con Ategal, un 25% máis que o anterior