Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda avanzálles aos representantes do taxi en Galicia unha nova orde de axudas dotada con medio millón para a adquisición de vehículos adaptados, de emisión cero ou eco
A Xunta leva concedidos desde 2016 máis de 4,5 M€ en axudas para incentivar a renovación da frota deste transporte esencial, facilitando a adquisición de taxis adaptados ás persoas con mobilidade reducida e diminuír as emisións, das que se beneficiaron 745 taxistas
A Xunta subliña que a Lei de impulso demográfico reforza medidas tranversais para axudar ás familias e mellorar os servizos no rural
Entre outras, esta normativa permitiu a extensión da gratuidade na atención educativa das escolas infantís a todos os nenos de 0 a 3 anos, mellorar o Bono Coidado para chegar a máis persoas ou a dedución fiscal das familias con fillos
Galicia aposta pola incorporación das novas tecnoloxías aos labores de control e estudo do medio mariño e terrestre
Rosa Quintana destaca que dispositivos como os drons constitúen unha solución para optimizar o salvamento marítimo, a loita contra a contaminación mariña accidental e o furtivismo e a preservación dos ecosistemas fluviais e costeiros
O programa ‘Coidados Porta a Porta’ da Xunta atendeu a máis de 22.000 galegas e galegos
Oito unidades móbiles comezaron o pasado mes de marzo unha ruta por todos os concellos galegos, agás as sete cidades, ofrecendo servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
A Xunta destina 2,15 M€ en axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia para o 2022-2023
José Balseiros destacou que estas entidades desenvolven os programas facultativos de prevención e control de enfermidades animais, subliñando a importancia do benestar animal para un bo rendemento produtivo nas gandarías
A Xunta de Galicia e o Banco Santander asinan o primeiro préstamo sustentable da Comunidade
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a directora territorial do Banco Santander en Galicia, Rocío Pazos, asinaron este mediodía o acordo
A Xunta aposta pola dixitalización da xestión da auga para acadar o seguimento en tempo real dos sistemas de saneamento e de abastecemento
Teresa Gutiérrez aposta pola implantación de ferramentas para ter monitorizados os sistemas dos servizos da auga, de forma que se poidan detectar facilmente los problemas e tomar decisións para resolvelos con axilidade
A Xunta remata as obras da senda peonil e de mellora do firme na estrada AC-221 en Abegondo
Esta actuación, cun investimento de máis de 48.000 €, centrouse no treito da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+960
Trenor informa que a Xunta financiará con máis de 15,6 M€ máis de 200 cursos de formación para persoas sen emprego da Coruña e Costa da Morte
Os centros de formación profesional para o emprego poderán cualificar a máis de 2.880 persoas na Coruña e comarca a través dos cursos AFD
A Xunta pon en valor o traballo de Down Coruña pola integración laboral das persoas con discapacidade
Defende que todas as administracións deben apoiar aquelas medidas destinadas a garantir o acceso ao mundo laboral das persoas con discapacidade