Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o labor de acompañamento das cámaras de comercio ás empresas galegas para axudarlles a ser máis competitivas
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá no Comité Executivo da Cámara de Comercio da Coruña, onde incidiu no compromiso da Xunta en apoio ao tecido empresarial galego co obxectivo de garantir a súa liquidez e fomentar a súa internacionalización
A Xunta destaca o avance dos servizos de radioterapia na Sanidade galega coa incorporación de 14 novos aceleradores lineais desde 2015 e a futura instalación do centro de protonterapia
Comesaña destaca o investimento de 7,2 millóns de euros no Hospital do Meixoeiro, para incorporar 8 novos equipos de alta tecnoloxía en diagnóstico por imaxe e medicina nuclear
A Xunta inviste 1 M€ en catro programas integrados de emprego que promoven a APEHL e unha vintena de concellos lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, explica que beneficiarán a 400 persoas desempregadas, que recibirán formación e asesoramento para procurar a súa inserción laboral
Galicia valora o recurso do Goberno central ao veto á pesca de fondo e insiste na necesidade de solicitar a súa suspensión
A conselleira do Mar subliña que a suspensión desta prohibición que está a ter un importante impacto na actividade da frota sería un bo respaldo para o sector
A Xunta convocará axudas por máis de 28 M€ para fomentar a construción de vivendas en alugueiro
Haberá incentivos para impulsar novas promocións residenciais en solo público e tamén para o fomento de aloxamentos temporais, cohousing ou vivendas interxeneracionais, así como de inmobles destinados a persoas maiores ou con algunha discapacidade
A Xunta impulsa a comercialización da artesanía de Galicia de cara ao Nadal no Mercado da Estrela de Santiago de Compostela
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da programación da edición deste ano, que se celebrará do 16 ao 18 de decembro
Román Rodríguez anuncia a creación do observatorio da innovación do patrimonio cultural
O obxectivo desta ferramenta é coñecer as iniciativas de carácter público e privado que se centren en abordar o patrimonio material e inmaterial de xeito innovador
A Xunta de Galicia comparte en Brasil a súa experiencia en Compra Pública de Innovación con expertos procedentes de 17 nacionalidades
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, participou esta mañá na apertura institucional do IV Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación (CPI) e Innovación Aberta en Río de Janeiro
A Xunta adxudica as obras de construción dunha glorieta elíptica na intersección da estrada PO-331 no alto de San Cosme, nos concellos de Vigo e de Mos
O obxectivo da actuación é reforzar a seguridade viaria dos xiros neste punto, no que conflúen as vías que conectan a PO-331 coa Universidade de Vigo, co núcleo de Erville e con outros equipamentos da contorna
A Xunta suma a empresa Torta de Sarria ao selo de calidade artesanía alimentaria
José Luis Cabarcos lembrou que este produto se comercializará agora co distintivo que garante que cumpre unha serie de requisitos relativos ás materias primas, aos procesos de elaboración, ao modo de presentación ou aos controis aos que se so-mete