Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/08/21 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no Concello da Pobra do Caramiñal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións realizadas nestas instalacións, que contan cunha axuda de 40.000 euros do Goberno galego no marco da Orde de Infraestrutura de uso público

31/08/21 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares chegará este curso a 765 centros cun 12,5% máis de orzamento

Román Rodríguez sinala que a Xunta suma 27 novos centros escolares a esta rede, dotada con máis de 1,5M€ para a renovación de equipamento e fondos

31/08/21 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste este ano máis de 6,5M€ en melloras en centros escolares da comarca de Santiago

A actuación de Padrón enmárcase nun paquete de seis proxectos que se están a licitar na zona, por importe de case 2,9M€

31/08/21 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta levará a cabo o acondicionamento das instalacións da estación de autobuses da Estrada

Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, prevén iniciarse ao longo do mes de setembro co obxectivo de telos finalizados este mesmo ano

31/08/21 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias anuncia a licitación da rehabilitación integral do CEIP Infante Felipe de Borbón en Salvaterra do Miño por case 885.000 euros

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto a alcaldesa Marta Valcárcel visitou hoxe o centro educativo no que se cambiará toda a carpintería exterior e as luminarias e se instalará unha caldeira de biomasa e un ascensor

31/08/21 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conservación na glorieta elevada de Sabón, en Arteixo, farán necesarios cortes de tráfico nas tardes de hoxe e de mañá

Para avanzar nos traballos de pintado da estrutura metálica da glorieta serán precisos cortes na parte superior da rotonda hoxe e mañá, entre as 15 e as 23 horas

31/08/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno Central coordinan as medidas de control das vendimas

O delegado territorial informou que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, comezou xa, por terceiro ano consecutivo, os controis na vendima para asegurar e preservar a calidade dos viños das denominacións de orixe (DO) de Galicia

31/08/21 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que case 2.400 mozos de Bergantiños viaxan gratis por toda Galicia coa tarxeta Xente Nova da Xunta

Explica que un rapaz de Carballo que empregue o transporte público da Xunta para ir estudar á Coruña aforrará 1.260 euros ano, e 1.200 euros se se despraza a Santiago, empregando este dispositivo

31/08/21 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Negueira de Muñiz unha acción formativa de introdución á vitivinicultura na IXP Terras do Navia

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase a partir deste sábado 4 de setembro no local social de Negueira

31/08/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dun estudo de alternativas para acondicionar a estrada PO-546, que une os núcleos urbanos de Marín e de Pontevedra

Este contrato, adxudicado por preto de 17.500 euros, conta con 5 meses de prazo para redactar o documento