Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/08/21 | 10:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta e DATAlife asinan un convenio de colaboración para afianzar a transformación dixital das pemes galegas

O Goberno galego destina máis de 290.000 euros á consolidación deste Hub como instrumento para lograr que a innovación dixital chegue ao tecido empresarial galego

31/08/21 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta formará dende mañá unha ducia de persoas no CFEA de Sergude sobre cultivos de outono e de inverno na horta ecolóxica

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a acción abarcará dende a programación das plantacións ata a comercialización dos produtos resultantes

31/08/21 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta forma nas Neves ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro xoves 8 de setembro no auditorio municipal deste concello pontevedrés

31/08/21 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no concello coruñés de San Sadurniño

Esta iniciativa ten previsto celebrarse a partir do vindeiro luns e contará cunha duración total de 25 horas

31/08/21 | 10:26 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.022 casos activos por coronavirus

Un total de 167.938 pacientes xa están curados

30/08/21 | 19:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O ensino galego volverá contar este curso con profesorado extraordinario para atender desdobres pola covid e avanzar en novos programas educativos

A Xunta concretará, unha vez se peche a matrícula en Secundaria e FP tras os exames de setembro, as necesidades dos centros para pechar a contratación

30/08/21 | 17:12 | C. de Sanidade

A Xunta destina máis de 1,5 millóns de euros para sistemas multimedia de xestión de quendas nos centros sanitarios

Ábrese a licitación para que as empresas poidan presentar as súas ofertas para o subministro, configuración, posta en marcha e instalación de 150 puntos de información multimedia e 600 pantallas de visualización

30/08/21 | 15:10

A Xunta amplía ata o 15 de outubro o prazo para pedir axudas para a compra de vivendas en centros históricos

A convocatoria deste ano está dotada cun orzamento total de 600.000 euros

30/08/21 | 14:40 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías galegas para modernizar portos, lonxas e lugares de desembarque

Feijóo reitera o agradecemento e recoñecemento a todo o sector do mar pola súa labor durante a crise da covid

Asegura que as dragaxes son obras difíciles e complexas, pero moi necesarias para dar seguridade á xente que traballa no porto e para dar maior capacidade de captura e comercialización

30/08/21 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia retoma este venres o ciclo '10 anos, 10 autores, 10 libros' coa escritora Fina Casalderrey

A primeira xornada de setembro do ciclo coa que o centro celebra o seu décimo aniversario será ás 19,00 horas e a autora afondará no libro ‘Retrincos’, de Castelao