Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima este verán a preto de 2.000 nenas e nenos a comer peixes e mariscos a través da campaña ‘Ti si que es un bo peixe’
Esta é unha das accións que se inclúen na estratexia global da Consellería do Mar de fomento do consumo dos produtos pesqueiros GALICIA SABE AMAR
A Xunta selecciona dous proxectos de I+D desenvolvidos na Universidade de Santiago co obxectivo de levalos ao mercado
Os proxectos seleccionados a través do programa Ignicia baséanse en innovacións no ámbito sanitario a través de implantes óseos avanzados e o desenvolvemento de novos vehículos peptídicos para a aplicación en terapia xénica
A Xunta somete a información pública a reposición do acceso ao camiño municipal afectado pola nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52
Proponse a restitución do acceso deste camiño local ao novo trazado da estrada provincial OU-0516, executando un novo treito que conecte o actual coa vía de servizo da nova conexión do parque industrial coa Autovía das Rías Baixas
A Xunta selecciona un proxecto de I+D desenvolvido pola Fundación Profesor Novoa Santos co obxectivo de levalo ao mercado
O proxecto seleccionado a través do programa Ignicia baséase no desenvolvemento dun fármaco contra a degradación de proteínas no tratamento de metástase de carcinoma
A Xunta selecciona catro proxectos de I+D desenvolvidos na Universidade de Vigo e centros de coñecemento da comarca co obxectivo de levalos ao mercado
Os proxectos seleccionados a través do programa Ignicia están promovidos pola universidade viguesa, Aimen e Gradiant
A partir de setembro, estas iniciativas terán dous meses para perfilar os seus plans de comercialización
Un total de 7 empresas optan á redacción do proxecto arquitectónico do Centro Integral de Saúde de Ourense
A Xunta de Galicia investirá neste novo centro arredor de nove millóns de euros
A Xunta organiza un curso sobre a alimentación apícola nas Pontes
A acción formativa, que levará a cabo a Agacal, ten previsto desenvolverse o vindeiro venres 27 de agosto no centro de usos múltiples Casa Dopeso do concello coruñés das Pontes
O DOG publica hoxe as axudas autonómicas para apoiar a inserción laboral de 3.500 traballadores con discapacidade en centros especiais de emprego
O Goberno galego promove estes apoios con 20 millóns de euros para o período 2021-2022 e están dirixidos á creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos centros especiais de emprego
Galicia rexistra un total de 11.752 casos activos por coronavirus
Un total de 159.081 pacientes xa están curados