Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/08/21 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o labor do operativo antiincendios enviado desde Galicia para contribuír á extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila

En concreto, desprazáronse na medianoite do domingo catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF), ademais dun camión cisterna da Axencia Galega de Emerxencias

18/08/21 | 16:17 | C. de Sanidade

A Xunta comezará a vacinar ás persoas do grupo de idade de entre 16 e 14 anos a vindeira semana

Sanidade realiza un axuste nos aforos dos locais de hostalería e ocio nocturno, ampliando a súa ocupación

18/08/21 | 14:40 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración publica a listaxe de admitidos no programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago

En total, participarán neste programa 97 galegos do exterior de entre 18 e 64 anos que se instalarán nas residencias de tempo libre de Panxón e Carballiño durante unha semana

18/08/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe dunha vintena de puntos céntricos, turísticos e patrimoniais de Moraña coa instalación de cubrecontedores

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, José Cela, supervisa esta actuación de embelecemento, cofinanciada por Turismo de Galicia con preto de 65.000€ nas duas últimas convocatorias

18/08/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense

O delegado territorial informounos da Orde de cesión de material de emerxencias para concellos de menos de 50.000 habitantes que contan con AVPC, e que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de xullo

18/08/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola innovación e a sustentabilidade no sector primario mediante cultivos en auxe como os arandos de produción ecolóxica

José Balseiros destacou que Bio Fruit Farmers conta coa maior parcela de arandos do norte da península e está en proceso de adquisición de novos predios para converterse en líder do Estado en bagas orgánicas, así como no maior produtor de kiwi de España

18/08/21 | 13:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta cos festivais audiovisuais na presentación do de Cans

O Goberno galego cofinancia os 14 eventos adxudicatarios da convocatoria anual de axudas a festivais audiovisuais, que en 2021 aumentou o seu orzamento ata os 200.000 euros e tivo en conta o esforzo de adaptación á situación sanitaria

18/08/21 | 12:55

Axentes ambientais localizan a un furtivo pescando troitas no río Tambre en época de veda e cunha arte ilegal

O pescador, veciño de Agolada, foi interceptado con 65 exemplares por debaixo da talla mínima permitida grazas a un operativo de seguimento e vixilancia no que colaborou persoal de Medio Ambiente de Pontevedra e A Coruña e a Garda Civil

18/08/21 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un curso en Ribadumia sobre a comercialización de produtos de viticultura ecolóxica

A acción formativa ten previsto desenvolverse os vindeiros días 26 e 27 de agosto na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Evega, en horario de mañá e tarde

18/08/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta somete a información pública a mellora da seguridade viaria na PO-551, na contorna do núcleo da Portela en Bueu, que suporá un investimento de 530.000 €

A actuación, tamén necesaria para o desenvolvemento urbanístico do polígono da Portela, ten como obxectivo a reordenación da intersección situada no punto quilométrico 14+400 da vía autonómica, na que conflúen a EP-1301 e o viario de acceso ao núcleo de poboación