Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/08/21 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras de reforzo do firme na estrada autonómica LU-636 obrigan ao corte do tráfico hoxe e mañá, ao seu paso por Becerreá

Esta actuación de mellora da seguridade viaria céntranse no tramo da vía comprendido entre os puntos quilométricos 27+490 e 31+140

19/08/21 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta suma sinerxías nos montes galegos co despregamento de medios humanos e tecnolóxicos para detectar condutas e presuntos incendiarios

José González destacou que a Xunta conta con 12 drons para tarefas de vixilancia e prevención, que se suman aos que aporta o Exército

19/08/21 | 11:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta embelece e sinaliza o Camiño de Santiago en Caldas de Reis coas bandeirolas do programa `Xacobeo benvida'

O delegado territorial, Luis López, supervisa o treito da ruta portuguesa engalanado no casco histórico da vila caldense ao seu paso pola rúa Real

19/08/21 | 11:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta remata a intervención arqueolóxica no xacemento de Teso da Ermida, en Navia de Suarna, co achado de sete vivendas e pezas da época romana

Este sábado 21 organízase ás 12,00 horas unha visita guiada ao asentamento, que contará coas explicacións de varios arqueólogos que realizaron os traballos

19/08/21 | 11:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita en 260.400 euros as obras de eficiencia enerxética no colexio Virxe do Carme de Sober

O proxecto contempla o cambio de carpinterías, luminarias e radiadores, e tamén a construción dunha rampla para mellorar a accesibilidade

19/08/21 | 10:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta logra que máis de 50 empresas de servicios básicos ofrezan un teléfono gratuíto de atención ás persoas consumidoras

O Goberno galego puxo en marcha unha campaña de comprobación para garantir o cumprimento da Lei de Consumidores e usuarios

19/08/21 | 10:28

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude das axudas para apoiar a contratación de máis de 500 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro

O Goberno galego inviste nesta actuación 8,5M€ co que financiará a contratación 9 meses a tempo completo de persoas desempregadas

19/08/21 | 10:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.119 casos activos por coronavirus

Un total de 158.011 pacientes xa están curados

19/08/21 | 09:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Farmamundi na atención das necesidades máis urxentes da poboación afectada polo terremoto de Haití

O Goberno galego activa o convenio coa ONGD para mellorar as condicións de saúde e a seguridade alimentaria en varias comunas do departamento Nippes, Sur e Grand´Anse, na zona sur e oeste do país

18/08/21 | 16:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia mañá traballos de conservación na glorieta elevada de Sabón, no concello de Arteixo

A actuación, que se prevé terá unha duración de dúas semanas, céntrase no pintado das partes metálicas da glorieta, o que obrigará a cortes na circulación do tráfico